VII CONGRESO AGANTRO | CHAMADA COMUNICACIÓNS

4.05.2024 | Santiago de Compostela | Edificio Fontán (Cidade da Cultura de Galicia)

Benvida á páxina da Asociación Galega de Antropoloxía

A Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) está composta por profesionais da antropoloxía e foi constituída o 29 de xuño de 1993.

O noso obxectivo principal é mellorar a profesionalización e desenvolver a antropoloxía, abrindo canles de comunicación coas administracións, incidindo na inclusión da nosa disciplina naquelas actividades culturais e ofertas de emprego correspondentes á nosa formación. Mais tamén apoiar a posta en valor das múltiples ramificacións da cultura galega e xerar un foro de debate e comunicación no que teñan cabida os diferentes xeitos de entender e practicar a antropoloxía alén da academia, tendendo pontes e fortalecendo as relacións co tecido asociativo que durante tantos anos mantivo viva a investigación e a divulgación.

Esta web quere ser unha ferramenta máis para axudar a divulgar a nosa asociación e os nosos obxectivos. Sexades benvidas e benvidos!

NOVAS


  • Seminarios Agantro 2024: Novas ferramentas para facer antropoloxía hoxe II

    Seminarios Agantro 2024: Novas ferramentas para facer antropoloxía hoxe II

    A AGANTRO, en colaboración co Museo do Pobo Galego e grazas a unha subvención da Deputación da Coruña, organiza catro obradoiros que se van desenvolver os días 4, 11, 18 e 25 de outubro de 2024, de forma presencial, no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), em horario de 17 a 20h. Estes catro…


  • AGANTRO na MICE 19

    Un ano máis AGANTRO participou activamente na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), organizada polo Museo do Pobo Galego. O Premio AGANTRO á Excelencia Antropolóxica foi para: El signo vacío de Kathryn Ramey, O xurado do premio AGANTRO deste ano estivo composto por lxs socixs Iria Vazquez Silva, Víctor Villar Caamaño e Iñigo Sánchez Fuarros.…


  • Chamada para comunicacións VII Congreso AGANTRO

    Está aberta a chamada para comunicacións para o VII Congreso AGANTRO, que terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia o próximo 4 de maio. Máis información aquí.