Seminarios Formativos da AGANTRO – 2020

Patrimonio Inmaterial: coñecemento, divulgación e posta en valor

A AGANTRO, en colaboración co Museo do Pobo Galego, e grazas a unha subvención da Deputación da Coruña, organiza dez seminarios formativos que se van desenvolver entre o 23 de novembro e o 5 de decembro de 2020.

Sensibilizada coa crecente necesidade de suscitar un maior nivel de coñecemento e conciencia da importancia do patrimonio cultural inmaterial da humanidade, no noso caso o galego, e da importancia da súa salvagarda, a AGANTRO decide pór en marcha estes seminarios con fin de avanzar nestas liñas e de pór ao dispor dos e das participantes coñecementos e exemplos prácticos de proxectos en torno á investigación e posta en valor do noso Patrimonio Inmaterial.

É necesaria a inscrición previa para poder asistir aos seminarios. A data límite de inscrición é o 19 de novembro. Debido á situación sanitaria actual e ás restricións impostas, os Seminarios, inicialmente previstos como presenciais no Museo do Pobo Galego, serán impartidos online.

INSCRICIÓNS PECHADAS

Para máis información: agantroweb@gmail.com

Programa

  1. Introdución ao Patrimonio Inmaterial e aos seus proxectos de posta en valor. LUNS 23/11. 16-18 h. | Rafael Quintía (AGANTRO)
  2. O proxecto de creación do Parque Etnográfico do Outeiro das Mouras. MARTES 24/11. 16-18 h. | Rafael Quintía (Ab Origine Antropoloxía) e Xurxo Constela (A Citania Arqueoloxía)
  3. Etnomusicoloxía e Patrimonio Inmaterial.MÉRCORES 25/11. 16-18 h. | Xulia Feixoo (etnomusicóloga)
  4. O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade. VENRES 27/11. 16-18 h. | Concha Losada (APOI – Museo do Pobo Galego)
  5. A Antropoloxía visual como ferramenta de achegamento ao Patrimonio Inmaterial. SÁBADO 28/11. 11-13 h. | Rafael Quintía e Valentín G. Bóveda (Ab Origine Antropoloxía)
  6. Andar cos tempos. Un proxecto de investigación-acción arredor do baile tradicional e a construción de estereotipos. SÁBADO 28/11. 16-18 h | Carme Campo e Chus Caramés (educadoras)
  7. Mirando ao futuro. Patrimonio Inmaterial e Memoria. LUNS 30/11. 16-18 h. | María Abelleira e Óscar Senra (MAOS Innovación Social) e Olga Romasanta (Rexenerando)
  8. De que falan eses vellos? Comunicar Patrimonio Cultural Inmaterial. XOVES 3/12. 16-18 h. | Germám Ermida
  9. A participación das comunidades portadoras nos procesos de salvagarda do PCI. O caso do baile tradicional galego. VENRES 4/12. 16-18 h. | Rebeca Ces
  10. Etnografía no contexto actual: Etnografías confinadas. SÁBADO 5/12. 11-12:50 h. | Ana Estévez Lavandeira (AGANTRO e Museo do Pobo Galego) e Paula Ballesteros (AGANTRO) // 12:50 – 13h | Peche das xornadas a cargo de Cristina Sánchez-Carretero, presidenta da AGANTRO.