Xornadas Antropoloxía de/desde/en/para Galiza 2017

Xornadas ANTROPOLOXÍA DE/DESDE/EN/HASTA/PARA GALICIA

Data: 14 de Xuño 2017 | Lugar: Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela)

Organiza: Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro)


Desde a Asociación Galega de Antropoloxía convidouse a titulados e profesionais da antropoloxía a participar nas xornadas Antropoloxía de/desde/en/hasta/para Galicia, que tivero lugar en Xuño do 2017.

As xornadas estiveron abertas a todas as persoas vencelladas coa profesión antropolóxica, desde calquera eido laboral, profesional ou do activismo. As xornadas foron pensadas para ser unha oportunidade que nos levara a:

  • coñecer mellor os diferentes traballos que dun xeito ou de outro teñan unha relación con Galicia
  • re-impulsar a Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) como organización para a defensa da antropoloxía en Galicia e como ferramenta de colaboración e apoio para as persoas que están vencelladas á antropoloxía desde calquera eido laboral ou do activismo 

ESTRUTURA

As xornadas estiveron divididas en dúas sesións:

A primeira, de presentación de traballos, na que as persoas participantes tiveron un espazo de 10 minutos para dar a coñecer as tarefas que levan a cabo ou que buscan desenvolver. 

A segunda sesión constou dunha mesa redonda onde nos permitise debater o papel da Asociación Galega de Antropoloxía, plantexar os problemas aos que se enfronta esta profesión no territorio galego e tratar os principais puntos duns novos estatutos da Asociación.

INSTRUCIÓNS PARA AS PRESENTACIÓNS

Tanto as presentacións da mañá como as intervencións da mesa redonda da tarde non foron plantexadas como unha comunicación habitual na que  era preciso describir en detalle a pesquisa ou traballo. No seu lugar, plantexáronse como unha oportunidade para presentarnos persoalmente e citar de xeito rápido o tipo de traballo que realizamos, así como as problemáticas e retos aos que nos enfrontamos no noso día a día como profesionais da antropoloxía.