Xosé A. Fidalgo Santamariña

O domingo 18 de decembro falecía na cidade de Ourense, despois dunha longa enfermidade, o antropólogo Xosé Antón Fidalgo Santamariña.
Fidalgo, como era coñecido por todos, levaba desde mediados da década de 1970 afincado na cidade de Ourense, onde empezou dando aulas no vello Colexio Universitario, despois convertido en campus da Universidade de Vigo. Nativo das terras de Sobrado, sería aquí, nos lindes entre as provincias da Coruña e Lugo, onde empezou facendo traballo de campo para elaborar a súa tese de doutoramento. O resultado foi a monografía Antropología de una parroquia rural (1988) sobre unha parroquia do concello de Friol e polo que recibiu o premio Otero Pedrayo. Mais diste traballo de campo saíron diversos artigos relacionados especialmente coas prácticas curativas no mundo rural ou cos traballos colectivos, gañando tamén o premio Vicente Risco de Etnografía.
A súa longa vinculación con Ourense tiña que deixar pegada nas súas investigacións. Así os oficios ambulantes propios destas terras ou a Festa do Pulpo do Carballiño foron temas sobre os que lanzou a súa ollada antropolóxica, xunto a outros como o patrimonio, a alimentación, o Entroido, etc.
A súa inserción en Ourense levouno a mergullarse plenamente na vida social da cidade. Así estivo durante moitos anos na vicepresidencia do Ateneo ourensán e, despois, na presidencia. Foi fundador e director do Laboratorio Ourensán de Antropoloxía Social e director da UNED. Tamén era membro do Padroado do Museo do Pobo Galego ou da European Association of Social Anthropologist (EASA) e formara parte da fenecida Ponencia de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega.
Na nosa memoria quedará sempre o seu continuo sorriso.

Posted in Axenda | Tagged | Leave a comment

Premio Gabriel Escarrer a Xerardo Pereiro.

O compañeiro Xerardo Pereiro, docente na UTAD (Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro, Portugal), ven de recibir o VIII  Premio Internacional de Investigación Turístico “Gabriel Escarrer” da Universidade das Illas Baleares polo seu traballo “Los turistores kunas”, xunto a Cebaldo de León. Xerardo e Cebaldo levan xa tempo facendo traballo de campo en Kuna Yala, unha zona indíxena autónoma da república de Panamá, centrado nos efectos do turismo.
Continue reading

Posted in Novas | Leave a comment

Cultura e sociedade de Galicia S.XXI. XIII Curso de antropoloxía cultural de Galicia

Entre o 19 eo 22 de Xullo celebrarase o Curso Cultura e sociedade de Galicia no século XXI.

Dirixido por Fátima Braña Rey e Santiago Prado Conde terá lugar no Salón de actos do Ateneo de Ourense. Na Facultade de ciencias da educación no Campus de Ourense.

 

 

 

 

 

 

 

 

Máis información:
Área de Servicios á Comunidade
Teléfonos: 988 387 102 / 988 387 103
Fax: 988 387 165
Enderezo electrónico: vonluntariado-ou@uvigo.es
Web: www.vicou.uvigo.es

Ficha en pdf e Triptico informativo XIII curso de antropoloxía cultural de Galicia aquí

 

Posted in Axenda | Leave a comment

Noticia. José Antonio Fernández de Rota, in memorian.


O venres 6 de agosto de 2010 deixounos José Antonio Fernández de Rota, membro de AGANTRO e catedrático de Antropoloxía Social na Universidade da Coruña, onde foi o primeiro Decano da Facultade de Humanidades no campus de Ferrol. Era Académico Correspondente da Real Academia Española de Ciencias Morales y Políticas e membro do Instituto Internacional Transcultural (París).
Fixo traballo de campo Galicia, tanto no mundo rural como no vilego, e noutras latitudes, como nos Estados Unidos sobre os antropólogos e a antropoloxía nos departamentos universitarios. Era autor duns cen títulos entre artigos en revistas e capítulos en libros. Entre estas numerosas publicacións queremos destacar aquí as centradas en Galicia algunhas das cales como Antropología de un viejo paisaje gallego (1984) e Gallegos ante el espejo: imaginación antropológica en la historia (1987)podemos consideralas como obras clásicas da literatura antropolóxica galega. Co seu inesperado pasamento a antropoloxía sofre unha gran perda.
Desde Agantro queremos mostrar o noso máis sentido pésame a súa familia, especialmente ao se fillo Antón, quen tamén é membro da nosa Asociación.

 

Posted in Novas | 1 Comment