Da Xeración Nós á Nova Antropoloxía Galega | 23 de abril de 2021 (venres) – online
A Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) é unha asociación de profesionais da antropoloxía que foi constituída no 29 de xuño de 1993, polo que vai de cumprir 28 anos de existencia. Neste período a asociación está inmersa nun proceso de renovación da súa estrutura, estatutos e de reactivación, tomando un novo impulso para loitar por unha antropoloxía que non desexamos que esmoreza.
Agantro ten como obxectivo principal mellorar a profesionalización e desenvolver a antropoloxía, abrindo as canles de comunicación coas administracións, incidindo na inclusión da nosa disciplina naquelas actividades culturais e ofertas de emprego correspondentes á nosa formación. Mais tamén apoiar a posta en valor das múltiples ramificacións da cultura galega e xerar un foro de debate e comunicación no que teñan cabida os diferentes xeitos de entender e practicar a antropoloxía alén da academia, tendendo pontes e fortalecendo as relacións co tecido asociativo que durante tantos anos mantivo viva a investigación e a divulgación.
Como froito destas accións nos últimos anos conseguimos que habilitasen ás persoas con titulación de antropoloxía para a docencia no ensino secundario, a inclusión da antropoloxía nas bolsas de museos e tamén temos canles activos de comunicación coas administracións para informar das nosas posibles funcións e así incluír á antropoloxía noutras convocatorias públicas.
Tamén tratamos de tecer redes e potenciar espazos para a conexión e a comunicación entre as persoas asociadas, pular pola investigación antropolóxica, realizar actividades de divulgación e difusión e visibilizar a relevancia da antropoloxía cara á sociedade. Nesta liña de reactivación das actividades relacionadas coa asociación levamos tres anos colaborando coa Mostra de Cinema Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, e no ano 2019 participamos na organización do XIV congreso da Sociedade Internacional de Etnoloxía (SIEF) en Santiago de Compostela co obxectivo de fortalecer a antropoloxía galega e convidar a unhas 1000 persoas asistentes á coñecer o noso traballo. No ano 2019 coa homenaxe de Antonio Fraguas no Día das Letras Galegas Agantro tamén contribuíu na divulgación das súas achegas á cultura galega. Agantro tamén é parte da Asociación de Antropoloxía do Estado Español (ASAEE) e participamos das reflexións sobre a antropoloxía alén das nosas fronteiras.
Neste sentido estamos a organizar este cuarto congreso Agantro co obxecto de que se convertan nunha cita anual e sirvan de plataforma de encontro para persoas dedicadas á antropoloxía, coa esperanza de acrecentar a nosa presenza e visibilidade na sociedade.
Deste xeito, as o “IV Congreso de Antropoloxía de/desde/en/para Galiza” procura, en primeiro lugar, tecer redes inter e intradisciplinarias e potenciar espazos para a conexión, o diálogo e a escoita de diferentes propostas e traballos, tanto xa desenvolvidos como en proceso, así como a creación de sinerxías e estratexias para fortalecer a antropoloxía na Galiza. Nestes últimos anos celebramos encontros en Santiago e en Ferrol e no ano 2020 celebramos o terceiro congreso online, con grande participación e aproveitamento.
A segunda idea deste congreso é reflexionar arredor do pasado e do presente da antropoloxía. Serán benvidas presentacións sobre o papel que tivo e que ten a antropoloxía en Galicia, os distintos percorridos disciplinarios, as mudanzas temáticas, os novos retos que enfrontamos, así como as adaptacións aos cambios e as análises propostas das transformacións socio-culturais.
Contacto e máis información: agantro@gmail.com / https://www.facebook.com/AGANTRO/
Online na plataforma ZOOM
ID da reunión : 878 9617 3486 | Contrasinal de acceso: 751816
https://videoconf-colibri.zoom.us/j/87896173486?pwd=N1lxTzJwbisvVUYvNnFMSkdMTjdNUT09
Programa
- 15 :00. Inauguración | Cristina Sánchez-Carretero (Presidenta de Agantro)
- 15:15. Mesa redonda sobre a relación entre Antropoloxía e Ciencias Sociais na Galiza | Modera: Luzia Oca (UTAD)
- Participan:
- Carmen Lamela (UDC)
- Rubén Lois (USC)
- Elías Torres (USC)
- Alexandre García Caballero (Psiquiatra, CHOU Ourense)
- José María Cardesín (UDC).
- Participan:
- 17:00 . Descanso
- 17:10. Comunicacións, pósters ou audiovisuais | Modera: Olga Romasanta (Rexenerando S. Coop.)
- Félix Francisco Castro Vicente: “Ocultismo finisecular. Autores e editores ocultistas do cambio do s. XIX ao XX”.
- Paula Sánchez Carrera: “Una mirada etnográfica al laboratorio de la Asociación para la Recuperación de la
Memoria Histórica (ARMH)”. - Lois Ladra: “Proxecto CORGORAL: documentar o Patrimonio Cultural Inmaterial en tempos de pandemia”
- Í ñigo Sánchez-Fuarros: “Llegar para quedarse: antropología, turismo y ambientes sonoros en Galicia
y más allá”. - Nuria Romero Vidal: “Da árbore ao obxecto. Etnografía confinada da cultura material en madeira
en GunaYala (Panamá)”. - Gabino S. Vázquez-Grandío: “Un proxecto de dinamización lingüística en colaboración coas escolas
de Ames”. - Alba Díaz Geada: “Comunidade e clase na Galiza rural contemporánea: un achegamento micro”.
- Andrea Souto García: “Migrantes colombianas e brasileiras no contexto poscolonial: unha análise
interseccional”. - Iria Vázquez Silva; Virginia Romero Sobral; Martín Fernández Pérez: “A soidade non desexada en Galicia”.
- Carlos Diz Reboredo: “Cadeas veciñais de coidados: Grupos de Apoio Mutuo na COVID-19”.
- Pedro Pereira: “Cinco passos para sacralizar uma rua. Materialidades e imaterialidades no culto à
Senhora da Saúde”
- 19:15. Asemblea Xeral de AGANTRO
- 21:00. Clausura
Comunicacións e Participación
Para asistir non é necesario presentar comunicación, póster ou audiovisual nin tampouco ser da Agantro.
Para recibir certificado de participación deben facerse de Agantro, o prezo anual é :
- Cota reducida (estudantes e parados): 15 Euros.
- Cota normal: 30 Euros.
- Cota solidaria: má is de 30 Euros.
Transferencia do pagamento: Agantro (IBAN: ES34 2080 0570 6330 4001 2183) | Enviar comprobante da transferencia a: agantro@gmail.com
As persoas interesadas en recibir o certificado de asistencia deben inscribirse en: https://forms.gle/VbxvNpbgKAcBRh7M9
Coa colaboración e apoio de: