En defensa da antro

EN DEFENSA DA ANTROPOLOXÍA 

Gabinete de defensa da práctica profesional da Antropoloxía

Que é?

En defensa da antropoloxía é unha acción da Asociación Galega de Antropoloxía entre cuxos fins están a defensa dos intereses profesionais dos/as antropólogos/as sociais e culturais de Galicia ante as entidades públicas e privadas, loitar contra a discriminación dos/as profesionais da antropoloxía no campo laboral e instituírse como representantes do colectivo ante posibles conflitos en calquera ámbito de interese. 

Fins

  • Defensa dos intereses do colectivo de profesionais da Antropoloxía en Galicia
  • Loitar polo recoñecemento da profesión en convocatorias de emprego públicas e privadas cuxo perfil demandado se corresponda ao dun/ha titulado en Antropoloxía social e cultural 
  • Intermediar con entidades do mercado laboral naqueles eidos profesionais da Antropoloxía para o recoñecemento e profesionalización de titulados/as en Antropoloxía social e cultual

Que fai?

  • Funcionar como grupo de interese que media entre os/as titulados/as en Antropoloxía e aquelas entidades públicas e privadas que convocan empregos de perfil antropolóxico nas que non se recoñece os dereitos dos/as profesionais da Antropoloxía como titulación específica para concorrer. 

Como o fai?

  • Por iniciativa propia, cando detecta posibles eidos profesionais da antropoloxía nos que non se contempla a titulados desa disciplina como posibles candidatos. 
  • A petición de parte interesada. Cando un/ha titulado/a en antropoloxía escrebe solicitando asistencia sobre convocatorias públicas ou privadas de emprego con perfil antropolóxico nas que non se contempla a titulación en antropoloxía.

Como presentar unha solicitude de asistencia: 

Cubrir o formulario web [precisamos criar un na páxina] ou; envíe un correo electrónico có asunto “En defensa da antropoloxía” a agantro@gmail.com

O mail debe incluír:

  • Identificación completa da persoa (nome e apelidos), titulación que posúe. 
  • O email debe presentar claramente o caso para o que se solicita mediación, 
    • Cal é o motivo do email? (Eg. convocatoria de emprego / concurso / oposición / normativa)
    • Xa interpuxo algunha outra reclamación? (Eg: valedor do pobo, escrito á entidade, etc.)
    • Calquera outro dato que considere de interese.

Os datos recollidos nos nosos ficheiros informatizados, a partir dos facilitados por vostede, son confidenciais e só poderán ser utilizados para a investigación da súa petición e para o envío de información en relación coa mesma.

Conforme ao previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, vostede ten dereito a solicitar que lle sexan consultados, actualizados ou cancelados todos os datos facilitados.