V Congreso de Antropoloxía de/desde/en/para Galiza
Antropoloxía do xénero e máis aló
21 e 22 de abril de 2022
Gentalha do Pichel e Museo do Pobo Galego | Santiago de Compostela
Presentación
A Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) é unha asociación de profesionais da antropoloxía que foi constituída no 29 de xuño de 1993, polo que vai de cumprir 29 anos de existencia. Neste período a asociación está inmersa nun proceso de renovación da súa estrutura, estatutos e de reactivación, tomando un novo impulso para loitar por unha antropoloxía que non desexamos que esmoreza.
Agantro ten como obxectivo principal mellorar a profesionalización e desenvolver a antropoloxía, abrindo as canles de comunicación coas administracións, incidindo na inclusión da nosa disciplina naquelas actividades culturais e ofertas de emprego correspondentes á nosa formación. Mais tamén apoiar a posta en valor das múltiples ramificacións da cultura galega e xerar un foro de debate e comunicación no que teñan cabida os diferentes xeitos de entender e practicar a antropoloxía alén da academia, tendendo pontes e fortalecendo as relacións co tecido asociativo que durante tantos anos mantivo viva a investigación e a divulgación.
Como froito destas accións nos últimos anos conseguimos mellorar as canles de comunicación coas administracións así como tecer novas redes e potenciar espazos para a conexión e a comunicación entre as persoas asociadas, pular pola investigación antropolóxica, realizar actividades de divulgación e difusión e visibilizar a relevancia da antropoloxía cara á sociedade. Nesta liña de reactivación das actividades relacionadas coa asociación levamos catro anos colaborando coa Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, e no ano 2019 participamos na organización do XIV congreso da Sociedade Internacional de Etnoloxía (SIEF) en Santiago de Compostela co obxectivo de fortalecermonos. No ano 2019 coa homenaxe de Antonio Fraguas no Día das Letras Galegas Agantro tamén contribuíu na divulgación das súas achegas á cultura galega. A nosa asociación é parte da Asociación de Antropoloxía do Estado Español (ASAEE) e, neste sentido, Agantro está organizando o XVI Congreso Internacional de Antropoloxía que se celebrará do día 6 ao 8 de setembro de 2023 con sede na Coruña (UdC) e baixo o suxerinte lema “Non hai fronteiras?”.
Este quinto congreso Agantro trata de converterse nunha cita anual e sirvan de plataforma de encontro para persoas dedicadas á antropoloxía, coa esperanza de acrecentar a nosa presenza e visibilidade na sociedade.
No V Congreso de Antropoloxía de/desde/en/para Galiza que leva como título “Antropoloxía do xénero e máis aló” imos ter unha primeira sesión o xoves 21/4 asociación cultural Gentalha do Pichel, proxectando algunhas pezas do arquivo da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico seleccionadas pola súa directora Ana Estévez Lavandeira cun enfoque de xénero ou feminista, seguida dun cinefórum.
A sesión do venres 22/4 desenvolverase no Museo do Pobo Galego e propoñemos unha primeira parte para reflexionar arredor da antropoloxía en/desde/para Galiza dende a perspectiva de xénero e feminista, sendo este un ámbito no que moitas das nosas socias/os teñen traballado. A convocatoria tamén procura propostas e traballos, tanto xa desenvolvidos como en proceso, co obxectivo de tecer redes inter e intradisciplinarias e potenciar eses espazos para a conexión, o diálogo e a escoita.
Comunicacións e Participación
Serán benvidas pois tanto presentacións que xiren en torno ao xénero e á antropoloxía feminista como presentacións que mostren os distintos temas e percorridos que teñen desenvolvido xs nosxs socixs.
Achega neste formulario o título da comunicación, nome e apelidos, institución de procedencia e un resumo dun máximo de 300 palabras.
Para presentar comunicación inscríbete neste formulario: https://forms.office.com/r/dCND7jqCYP
Prazo para presentar comunicación: ata o 10 de abril
Para asistir non é necesario presentar comunicación, póster ou audiovisual nin tampouco ser da Agantro.
Para recibir certificado de participación debes facerte socia o socio de Agantro. Consulta os pasos para facerte socia ou socio de Agantro na seguinte ligazónO prezo anual é :
- Cota reducida (estudantes e parados): 15 Euros.
- Cota normal: 30 Euros.
- Cota solidaria: má is de 30 Euros.
Para asistir inscríbete neste formulario https://i.gal/VCongreso
Prazo para inscribirte: ata o 17 de abril
Contacto e máis información: agantro@gmail.com / https://www.facebook.com/AGANTRO/
Programa
21/04/2022 – Gentalha do Pichel
20:30 Proxección selección da MICE dende unha perspectiva feminista
21:30 Coloquio moderado por Bibiana Martínez Álvarez e Carlos Diz Reboredo
22/04/2022 – Museo do Pobo Galego
10:00-10:30 Inauguración
Luzía Oca González (Presidenta da Agantro)
Manuel Vilar Álvarez (director do Museo do Pobo Galego)
10:30 – 11:30 Mesa redonda sobre antropoloxía do xénero e feminista: perspectivas, horizontes e futuros.
Participan:
Luzía Oca González (UTAD)
Mariám Mariño Costales (Consello da Cultura Galega)
Nieves Herrero Pérez (USC)
Modera: Guadalupe Jiménez-Esquinas (USC)
11:30 – 12:00 Descanso
12:00 – 14:00 Espazo para comunicacións (Modera: Guadalupe Jiménez Esquinas)
- Quintía Pereira, Rafael “Transformación das prácticas e crenzas que articulan a etnomedicina en Galicia dende o século XIX ata a actualidade”
- Cortés Vázquez, J.A. “Presente e futuro dos cabalos de monte en Galicia: unha ollada dende a ecoloxía política”
- Sánchez-Fuarros, I. “Proyecto PALCOS: Cambio, cultura material y fiesta en el paisaje rururbano gallego”
- Ballesteros-Arias, P. & Santomil, B. “ViteArquiva. Un barrio de memoria”
- Sánchez Carrera, P. “Del pueblo que nunca llegué a conocer al que conozco. Un estudio de caso sobre la memoria (inter)generacional de la localidad de Villar de los Barrios (Ponferrada-León)”
- Rojas Bahamonde, P. “Consideraciones en torno al ‘flow’ de la antropología desde el mundo mapuche”
- Castro Vicente, F. “Mulleres heterodoxas: imaxinario, movementos e prácticas máxicas”
14:00 – 16:00 Descanso
16:00 – 17:30 Espazo para comunicacións (Modera: Beatriz Busto Miramontes)
- Vázquez Silva, I. & Fernández Pérez, M. “Luces e sombras: olladas feministas ao audiovisual galego”
- Souto García, A. “Unha análise das etnosexualidades poscoloniais no espazo transnacional: Bolivianas na Arxentina, brasileiras en Portugal e colombianas en España”
- Jiménez-Esquinas, G. “De palilleiras e mariscadoras: unha análise dende a crítica patrimonial feminista”
- Bobillo González, C. & Diz Reboredo, C. “Etnografía a pé de praia: unha aproximación feminista ao conflito do localismo en Patos (Nigrán)”
- Fraga Pérez, S. “Saberes Próximos”
17.30 – 18:00 Descanso
18:00 – 19:30 Asemblea Xeral AGANTRO
19:30 – Clausura
Coa colaboración e apoio de: