Novas ferramentas para facer antropoloxía hoxe II
A AGANTRO, en colaboración co Museo do Pobo Galego e grazas a unha subvención da Deputación da Coruña, organiza catro obradoiros que se van desenvolver os días 4, 11, 18 e 25 de outubro de 2024, de forma presencial, no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), en horario de 17 a 20h.
Estes catro obradoiros, de 3 horas de duración. ofrecen algunhas das múltiples ferramentas e experimentacións etnográficas desenvolvidas pola antropoloxía nos últimos tempos para facer fronte aos novos retos das sociedades actuais. Este ciclo formativo sobre as novas ferramentas para a investigación antropolóxica supón a continuación da programación iniciada na edición de 2023.
Os obradoiros están pensados para incitar a experimentar con modalidades de indagación etnográfica novas e para espertar a inventiva necesaria para producir preguntas, ferramentas e dispositivos de investigación etnográfica que estean á altura dos desafíos da nosa contemporaneidade.
O ciclo ten un fin práctico, amosando casos concretos e reais froito da investigación antropolóxica e do traballo de campo dos e das docentes, de xeito que se ofrezan diferentes modelos e exemplos de intervención, ou de achegamento a este campo de estudo, que poidan servir de inspiración ou guía aos asistentes nos seus futuros proxectos.
É necesaria a inscrición previa para poder asistir aos seminarios. Os obradoiros serán impartidos de xeito presencial, en horario de 17 a 20h.
INSCRICIÓN | *AVISO* TODAS AS PRAZAS ESTÁN CUBERTAS. PODES CUBRIR O FORMULARIO PARA ENTRAR EN LISTA DE ESPERA
Para máis información: agantro@gmail.com
Programa
Este é un obradoiro de fanzines, mais é tamén un obradoiro etnográfico. Un espazo para imaxinar os xeitos en que estas dúas esferas se atravesan e aprendermos a crear fanzines que falen daquilo que pensamos, investigamos ou queremos espallar. Cales poden ser os usos dun fanzine no decorrer dunha investigación etnográfica? Que nos contan sobre os xeitos de vida nun territorio? Que exemplos de autoedición atopamos na cultura popular galega? Partindo dunha breve introdución teórica, este será un espazo para a creación de fanzines, onde imaxinar novos xeitos e lugares desde os que facer etnografía.
- Horario: 17h-20h.
- Docente: Marinha Longa, estudante do mestrado de Políticas Sociais e Intervención sociocomunitaria da UDC, fixo parte do proxecto de creación artística para a transformación social Artesa Colectiva.
Co recoñecemento da colonización e xenocidio en Abya Yala e as consecuencias que perduran ata hoxe en día, preténdese facer unha aproximación antirracista dende as teorías que sustentan a decolonialidade para cuestionar as narrativas hexemónicas e eurocéntricas na procura de mellores alianzas antirracistas.
- Horario: 17h-20h
- Docente: Angelly Ferreiro Silva, educadora social e activista antirracista e decolonial.
O material audiovisual utilízase con gran efectividade como método de estudo e divulgación no campo da etnografía. A cámara é unha ferramenta de diálogo mais tamén un condicionante á hora de interactuar co suxeito. Que estratexias podemos seguir? Cal é a nosa responsabilidade á hora de gravar, montar e editar? O obradoiro apoiarase en exemplos prácticos que analizarán as diferentes perspectivas para abordar este tipo de obradoiro.
- Horario: 17h-20h
- Docente: Yosune Duo Suárez, graduada en Belas Artes, Técnica Superior en Produción de Cine, Televisión, Radio e Espectáculos pola Escola de Imaxe e Son da Coruña.
Seminario de orientación práctica que pretende realizar un achegamento á riqueza epistemolóxica e metodolóxica que ofrece o emprego de materiais tales como fanzines, revistas e arquivos de audio e vídeo (entre outros) na investigación social.
- Horario: 17h-20h
- Docente: Estefanía Tarrío, diplomada en Maxisterio, especialidade en Educación infantil e graduada en Socioloxía.