VII Congreso AGANTRO 2024 

E agora? Os futuros da antropoloxía galega


O ano pasado a Asociación Galega de Antropoloxia (AGANTRO) cumpriu 30 anos. Tres décadas non exentas de altibaixos nas que se foi consolidando un pensamento antropolóxico propio, conectado coas correntes e debates externos á vez que sensible ás especificidades do territorio que enmarca as nosas prácticas. Durante este tempo, a antropoloxía galega (esa antropoloxía feita desde, en e para Galicia) tamén reivindicou o seu status profesional, unha loita que pasa polo seu recoñecemento non só académico senón tamén pola súa valorización a nivel profesional.

Foto: Rubén Vuelta-Santín (INCIPIT, CSIC)

Este ano o congreso AGANTRO coincide ademais coa necesidade de renovar a súa xunta directiva. Esta circunstancia pareceunos unha boa escusa para propor un encontro que sirva para pensar achega do futuro –ou, mellor, dos futuros– da antropoloxía galega e da propia asociación. Con esta finalidade deseñamos unha actividade presencial na que haberá espazos para a reflexión colectiva e tamén para presentar traballos de investigación, tanto xa desenvolvidos como en proceso, co obxectivo de tecer redes inter e intradisciplinarias e potenciar eses espazos para a conexión, ou diálogo e a escoita.


Cando?

4 de maio de 2024

Onde?

Sala 8 | Edificio Fontán | Cidade da Cultura de Galicia

Monte Gaiás s/n | Santiago de Compostela 


Programa

9:30 | Café de benvida

9:45 | Apertura da xornada

10:00 | Comunicacións

10:00 – 10:40 | Bloque 1

Cultura e comunidade no Corgo: e agora?
Lois Ladra (Investigador independente)

A partir dun intenso traballo de campo desenvolvido ao longo do trienio 2021-2023 no concello lucense do Corgo, exponse resumidamente unha etnografía do presente relacionada coas políticas e prácticas culturais que permitiron a implementación do Proxecto CORGORAL e a creación do Punto de Atención á Lectura do Corgo, onde se realizaron máis de medio cento de actividades culturais con implicación participativa das comunidades locais. Analízanse o contexto e as dinámicas políticas, procurando ofrecer diversas respostas á pregunta que encabeza este encontro: e agora?

Construyendo archivo, re-construyendo barrio: una mirada al barrio de Vite y al proyecto ViteArquiva
Paula Sánchez Carrera (INCIPIT, CSIC)

Esta tesis toma por objeto de estudio el barrio de Vite (Santiago de Compostela). Este se caracteriza por la presencia de un amplio tejido asociativo resultado de años de lucha vecinal en la búsqueda de mejoras para el barrio. Las acciones realizadas darán lugar a diversos materiales relacionados con el pasado y presente de Vite, por lo que diferentes agentes decidirán colaborar en la recopilación de su patrimonio material e inmaterial y construir un archivo comunitario en el propio barrio. Esta unión tendrá como resultado el nacimiento del proyecto “ViteArquiva”, el cual, pretende ser un espacio donde la memoria de la vecindad pueda quedar depositada y salvaguardada creando una infraestructura social de conocimientos compartidos y perdurable en el tiempo. Por lo tanto, esta investigación pretende acompañar y estudiar el proceso de construcción de dicho archivo con el objetivo de problematizar nociones de memoria, identidad, género, relaciones intergeneracionales y participación. Además de contribuir al desarrollo de modelos alternativos de gestión patrimonial inmaterial que, a través de metodologías colaborativas, incorporen a las comunidades locales en estos procesos. Para lograr este propósito, emplearé una serie de técnicas cualitativas como la etnografía urbana, entrevistas semiestructuradas, la autoetnografía y el análisis de fuentes documentales generadas por los/as propios/as vecinos/as.

Memoria da educacion e patrimonio cultural na escola
Xavier Fernandez Rodriguez (Universidade da Coruña)

Nesta comunicación quero presentar o meu Proxecto de Recuperación da memoria educativa de Galicia. En concreto, como parte da nosa Tese de Doutorado en curso (Programa da UDC Innovacion e Equidade en Educacion, baixo a direccion de Xulio Pardo de Neyra) vou explicitar o programa de recuperación da escola de Arximiro Rico e da casa onde se refuxiou a mestra Eudosia Lorenzo; ambos os proxectos están sendo desenvolvidos xunto ás escolas de Baleira e de Melgaço e tentan mobilizar, salvaguardar e reconstruír unha memoria transformadora para a escola galega do futuro. Por medio desta intervención, pretendemos activar o coñecemento e de docentes e escolares, espallar a necesidade de novas formas de comunidade e fomentar un renovado compromiso cunha escola galega e republicana.

Unha investigación do abandono institucional – colonialidade e violencia estrutural
Márcia Lika Hattori (INCIPIT, CSIC)

Este traballo pretende dialogar cos numerosos estudos que rastrexan as xenealoxías das desigualdades globais modernas, máis concretamente no tratamento diferencial da morte. Cun enfoque particular na comprensión da intersección entre raza, clase e xénero e como estes se utilizan na xestión de cadáveres e formas de desaparición, a investigación que aquí se propón explora os trazos ocultos da supermodernidad que se ocupa de materializar estes legados deixados pola ditadura examinando as tecnoloxías de desaparición desenvolvidas polos estados. Esta comprensión da violencia estrutural obsérvase nas formas en que se experimentan as diferentes formas de Estado (democrático, autoritario e os seus diferentes matices) e a ruptura incompleta nos procesos transicionais.

10:40 – 11:20 | Bloque 2

As migracións caboverdianas a través dunha auto-etnografía fotográfica
Mulleres á fronte (Luzia Oca González, Keina Espiñeira, Belén Fernández-Suárez, Antía Pérez-Caramés, Estefanía Tarrío Maneiro, Sara Lamas e Iria Váquez Silva)

A banda de investigadoras Mulleres á Fronte ven de finalizar o proxecto: “Coidados na diáspora. Unha auto-etnografía fotográfica de mulleres caboverdianas en España”, financiado polo Instituto das Mulleres (2023). Nesta comunicación imos recoller a investigación realizada con mulleres caboverdianas (e as súas descendentes) residentes nas localidades de Burela, Bembibre e Zaragoza. O proxecto iniciouse cunha serie de obradoiros onde fomos recollendo álbumes fotográficos que abriron un diálogo sobre as propias experiencias familiares, indagando na memoria migratoria das mulleres. Despois, a partir duns talleres formativos de fotografía, as propias participantes foron retratando con cámaras desbotables o seu presente, os seus traballos, a súa vida cotiá… É dicir, fomos recopilando unha grande cantidade de imaxes do presente e o pasado que foron conformando unha serie de narrativas sobre as experiencias migratorias e o traballo de coidados a través de diversas xeracións. Este proxecto culminou coa presentación de dúas exposicións fotográficas, onde cada unha das fotografías foi contextualizada coas palabras das autoras. A primeira exposición foi inaugurada en Bembibre o 27 de xaneiro de 2024, e a segunda delas en Burela, o 27 de marzo, día da muller caboverdiana. As exposicións foron vertebrándose a partir de catro seccións identificadas na interpretación do traballo de campo e artístico: Transnacionalidade; comunidade; división sexual do traballo e documentación. O enfoque que atravesa este proxecto posúe unha visión reivindicativa do traballo de coidados (remunerado e non remunerado) que protagonizan as migrantes, lonxe de esencialismos e naturalizacións; onde se foi desvelando a cadea global dos coidados como unha desigualdade estrutural que vincula o capitalismo, o patriarcado, a segmentación xenerizada e etnificada do mercado laboral e o colonialismo.

Percepciones y estrategias de bienestar en la inmigración peruana a Galicia. Un análisis inicial
David Ernesto Oshige Adams (Universidad de Santiago de Compostela)

En el Congreso expondré los avances de la investigación que estoy realizando como parte de mi tesis doctoral. El tema general está vinculado al estudio del bienestar (wellbeing) en el marco de la migración internacional. Específicamente el caso que abordo es el de los/as peruanos/as que han migrado desde el Perú hacia Galicia. Es una investigación centrada en las personas, de tipo cualitativa cuyo objetivo principal es dar cuenta de las conexiones entre las percepciones de bienestar que tienen las/os inmigrantes y las estrategias que usan para conseguirlo. Además, la investigación también busca estudiar las motivaciones y los objetivos de la migración así como analizar si dichas percepciones y estrategias van variando con el tiempo en las diferentes fases del proyecto migratorio. Y el otro objetivo secundario es reconstruir las trayectorias e historias de vida analizando las lógicas de acción que utilizan tomando en cuenta el factor relacional con otras personas, con el ambiente y el entorno así como con las estructuras sociales.

A luz e o equinoccio en San Miguel de Celanova (Ourense): apropiación simbólica dunha topografía sagrada
Ana María Durán Penabad (Universidade de Vigo)

Nesta comunicación preséntase o proxecto de investigación que preternde afondar na finalidade que tiveron San Rosendo e os seus colaboradores cando idearon o fenómeno arqueoastronómico equinoccial de San Miguel de Celanova, no Ourense do século X. A hipótese principal propón que se que se trataba dun efecto litúrxico performativo de gran impacto na comunidade no contexto da liturxia hispana, mais hai evidencias de que o dito fenómeno tamén podía ter unha función evanxelizadora ulterior nun lugar que moi probablemente formaba parte dunha topografía sagrada precristiá, mediante unha apropación simbólica de símbolos presentes en culturas anteriores e que foron dotados de novo significado na arte daquel tempo.

Como recuperar un entroido. Proposta metodolóxica
Rafael Quintía Pereira (UNED Pontevedra)

Propomos nesta comunicación unha metodoloxía antropolóxica para aplicar nos proxectos de recuperación dos entroidos tradicionais de Galicia baseada na experiencia propia dos proxectos levados a cabo nos últimos cinco anos e en base aos criterios do método etnográfico e dos proxectos de acción-participación.

11:20 – 12:00 | Bloque 3

Reflexións ao redor dun congreso internacional de antropoloxía: Presenza e peso da antropoloxía en, desde e para Galicia
Carmen Lamela Viera (Universidade da Coruña)

Facendo uso da documentación xerada pola celebración do XVI Congreso Internacional de Antropoloxía ASAEE-Agantro, Non hai fronteiras, búscase recoñecer algunhas das principais fortalezas e debilidades do exercicio da profesión en Galicia. A análise pode servir para activar liñas de traballo prioritarias, e tamén para asumir de forma realista o seu carácter periférico e subordinado. Os números permiten constatar o sorprendente éxito de público a escala estatal, máis aínda tendo en conta o inconveniente superado da dificultade de acceder ao destino. É desde tal contexto que destaca o moi moderado impacto que tivo o congreso na antropoloxía en/desde/para Galicia. A afirmación sostense desde a análise que contempla tanto a asistencia de congresistas que residen e/ou realizan o seu traballo de campo en Galicia, como a presenza máis institucional do apoio académico universitario. Ademais, poderase documentar o esforzo que supuxo garantir a presenza de temas de especial relevancia para nós que non afloraron inicialmente, así como o problema da escasa presenza da antropoloxía galega profesionalizada. Os datos tamén nos permiten identificar os sectores e intereses que si responderon á chamada do congreso. Entre os posibles factores explicativos desta relativa debilidade da antropoloxía galega no marco dun congreso estatal de tanto éxito, detéñome nas seguintes hipóteses. (1) Os conflitos académicos centrado na competencia por recursos escasos e na vaidade profesional, debilitan o potencial de defender a práctica e o coñecemento antropolóxico vinculados a Galicia. (2) O encapsulamiento e illamento dos profesionais e estudiosos da antropoloxía en redes densas e efectivas para a súa supervivencia a escala local, limitan o alcance e comunicación con outras redes que non son sequera identificadas na súa potencial riqueza colaborativa.

Los santuarios animalistas y sus ‘otros’ en el Capitaloceno: alternativas y futuros posibles desde el rural gallego
Pablo Rojas-Bahamonde (Wageningen University & Research)

Dentro del movimiento animalista, los ‘santuarios’ son lugares donde los animales son objeto de respeto y cuidado, idealmente, de por vida. Asimismo, son espacios fecundos para imaginar y practicar formas de relación entre humanos y animales que difieran de las lógicas de explotación predominantes, donde las industrias de alimentación, entretención o vestuario son protagónicas. Basada en trabajo de campo realizado durante enero de 2023 y febrero de 2024 en un santuario animalista emplazado en Galicia, esta presentación releva la importancia de estos lugares como una ‘alternativa’ y una posibilidad de futuro a considerar en el contexto de la crisis multidimensional actual. Dialogando con literatura que remarca la importancia de atender al contexto cotidiano y sociopolítico en que se hallan inmersos, se proponen una serie de dimensiones u ‘otros’ a considerar para su (correcto) funcionamiento; ello lleva a remarcar lo crucial de las acciones eminentemente humanas para la pervivencia y eventual florecimiento de relaciones multiespecies en el escenario capitalista actual.

XEITO: unha infraestrutura para desenvolver a relación entre entre as prácticas artísticas e a etnografía
Iñigo Sánchez Fuarros (INCIPIT, CSIC)

Esta comunicación ten como finalidade presentar XEITO, o novo Laboratorio de creación etnográfica do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. Esta infraestrutura científico-técnica de recente creación está pensada como un espazo de acción e reflexión sobre novas estratexias epistemológicas e metodolóxicas de creación etnográfica baseadas en metodoloxías artísticas, experimentais e multi-modais.

Transición ecolóxica e crise rural: A conflictividade social do boom eólico en Galicia
José Antonio Cortés Vázquez (Universidade da Coruña)

A tripla crise pandémica, enerxética e climática vivida os últimos anos xerou as condicións idóneas para o desenvolvemento exponencial de proxectos de produción de enerxía renovable. Hoxe, grandes áreas rurais de Galicia convertéronse no epicentro da denominada “transición ecolóxica” ao devir en polos de atracción para a instalación de grandes proxectos de parques eólicos. Neste artigo revelamos as arestas deste proceso, difundido como ecoloxicamente respectuoso, social e moralmente irreprochable e economicamente beneficioso, coa atención posta nun caso de estudo: a Comarca de Ordes, na Provincia da Coruña. O noso obxectivo é chamar a atención sobre como novos proxectos “verdes” (non necesariamente eólicos, senón tamén de produción fotovoltaica, eólica mariña, hidróxeno verde, biocombustibles, biofibras, etcétera) están a transformar e reterritorializar contextos rurais que acaban xerando unha elevada conflitividade social.

12:00 | Pausa café

12:10 | Dinámica grupal

14:00 | Pausa xantar

15:30 | Conversa: Desafíos colectivos no traballo antropolóxico coas institucións. Reflexións a partir de Ponte nas Ondas e o Informe Bic Foliada.
Participantes: Xerardo Pereiro Pérez (Participante en Ponte nas Ondas, profesor da Universidade de Tras-Os-Montes) e Beatriz Busto Miramontes (Participante no Informe Bic Foliada, profesora da Universidade de Santiago de Compostela).
Moderan: Iria Vázquez Silva e Luzia Oca González.

16:30 | Pausa

16:45 | Asamblea ordinaria AGANTRO

18:30 | Peche   


CHAMADA A COMUNICACIÓNS

Envío de propostas [PECHADO]

Serán benvidas pois tanto presentacións que xiren en torno ao tema do encontro como presentacións que mostren os distintos temas e percorridos que teñen desenvolvido xs nosxs socixs.

Para presentar comunicación inscríbete neste formulario: https://forms.gle/Jb3btr5eKyPrPHD69

Achega neste formulario o título da comunicación, nome e apelidos, institución de procedencia e un resumo dun máximo de 300 palabras. Para que sexa un encontro áxil e podamos acoller o maior número de propostas posibles, as comunicacións terán un tempo de exposición máximo de 6 minutos cada unha.

Prazo para presentar comunicación: ata o 22 de abril


Para presentar comunicación ou recibir certificado de participación debes ser ou facerte socia o socio de AGANTRO.

Consulta os pasos para facerte socia ou socio de Agantro na seguinte ligazón: https://agantro.org/asociate

Tamén se pode realizar durante o congreso. O prezo anual de ser socio/a  é:

• Cota reducida (estudantes e parados): 15 Euros. 

• Cota normal: 30 Euros.

• Cota solidaria: máis de 30 Euros.


Para asistir non é necesario presentar comunicación, póster ou audiovisual nin tampouco ser de AGANTRO.

Para asistir inscríbete neste outro formulario: https://forms.gle/hcvhpciKyYujCaf28

Prazo para inscribirte: ata o 29 de abril (12h)