Benvida á páxina da Asociación Galega de Antropoloxía
A Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) está composta por profesionais da antropoloxía e foi constituída o 29 de xuño de 1993.

O noso obxectivo principal é mellorar a profesionalización e desenvolver a antropoloxía, abrindo canles de comunicación coas administracións, incidindo na inclusión da nosa disciplina naquelas actividades culturais e ofertas de emprego correspondentes á nosa formación. Mais tamén apoiar a posta en valor das múltiples ramificacións da cultura galega e xerar un foro de debate e comunicación no que teñan cabida os diferentes xeitos de entender e practicar a antropoloxía alén da academia, tendendo pontes e fortalecendo as relacións co tecido asociativo que durante tantos anos mantivo viva a investigación e a divulgación.
Esta web quere ser unha ferramenta máis para axudar a divulgar a nosa asociación e os nosos obxectivos. Sexades benvidas e benvidos!
Últimas novas
- Nota de Solidariedade e repulsa pela morte de Dom Phillips e Bruno PereiraQueremos por médio de esta nota, enviar, en primeiro lugar, como antropólogas e antropólogos da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO) o noso…
- Chamada para comunicaciones V Congreso AGANTROTemos aquí ao virar a esquina o noso V Congreso de Antropoloxía de/desde/en/para Galiza 2022. O tema deste ano é “Antropoloxía do…
- Chamada para simposios – XVI Congreso ASAEEXa está aberto o prazo para o envío de propostas de simposios para o XVI Congreso Internacional de Antropoloxía, convocado pola ASAEE…