#EtnografíasConfinadas

De fase en fase imos, pouco a pouco, deixando atrás a parte máis estrita do confinamento. Pero seguimos vivindo aínda con moita incerteza. O noso incipiente arquivo das #etnografíasconfinadas precisa de máis relatos directos e coincidentes con este tempo extraordinario. Apetécevos ser parte do mesmo?

En vídeo, audio ou escrita, usando os recursos e ferramentas que queirades ou das que dispoñades, sempre con garantías de privacidade e opción de anonimato, a vosa participación é imprescindible. Para construírmos a memoria destes momentos desde a pluralidade e a complexidade que estes teñen, é preciso contar co maior número posible de testemuñas.

Esperamos a túa contribución en etnografiasconfinadas@gmail.com
Máis info en http://agantro.org/etnografias-confinadas/

Iniciativa realizada conxuntamente co Museo Etnolóxico de Rivadabia e co Museo do Pobo Galego.

Deixar unha resposta