Nota de Solidariedade e repulsa pela morte de Dom Phillips e Bruno Pereira

Queremos por médio de esta nota, enviar, en primeiro lugar, como antropólogas e antropólogos da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO) o noso abrazo fraterno e os nosos sentimentos aos familiares das vítimas dese cruel asasinato de Bruno Pereira (indixenista) e Dom Philips (xornalista).

Sabemos que o Brasil, infelizmente, ocupa lugar destacado a nivel internacional, como un dos países que mais activistas ambientais e sociais mata. Iso non é de agora, e nos veñen a cabeza os nomes de Chico Mendes, Dorothy Stang, José Claudio e Maria do Espírito Santo, Paulino Paulo Guajajara, Mariele Franco, ou o também servidor da FUNAI (Fundação Nacional do Indio – FUNAI) Maxciel Pereira dos Santos, que actuaba na mesma área que Bruno.

Queremos tamén lembrar que eses datos non son exclusivos da área amazónica, no Estado do Mato Grosso do Sul o conflito cos Guarani Kaiowá ven de longo tempo como mostrou Vincent Carelli en Martírio, as persecucións aos militantes do MST ou aos negros e negras que habitan as periferias das cidades e favelas e que son tamén cotidianamente asasinados.

É por iso que en segundo lugar queremos demandar desde a nosa asociación, a todas as instancias, que a investigación dese crime non finalice ata que sexa aclarado quen son os demandantes dese asasinato, e dos demais.

En terceiro lugar queremos repudiar as manifestacións, tentativas de manipulación e a falta de interese das instancias oficiais. Comezando pola criminalización que o Presidente da República fixo dos nosos compañeiros, afirmando estar nunha aventura ou excursión, cando estamos falando dun dos indixenistas mais respeitados, que inclusive deixou a FUNAI para poder traballar do lado de seus amigos os indíxenas, na proteción das súas terras. Función que desempeñou até que o dimitiu de Coordinador Xeral dos Indixenas Isolados e de Recente Contacto, despois dunha operación en que destruíron 60 balsas de garimpo ilegal na área do río Javari; lugar onde desapareceron, e, onde hai a maior concentración deses grupos que viven sen contato.

Repudiar a desinformación da FUNAI que difundiu de forma sistemática mentiras co único fin de tratar de non asumir a súa responsabilidade, indicándolle ao Presidente da República, dunha forma falaz que os antropólogos non tiñan autorización para estar na área indíxena, ou que irían investigar a UNIVAJA (Unión dos povos indigenas do Vale do Javari) debido a que están na área de indíxenas que rexeitan o contato. Menos mal que unha xuíza federal decretou que a FUNAI “non adoptar actos tendentes a desacreditar a trajetoria do indigenista Bruno Pereira e do jornalista Dom Phillips”.

Repudiar a falta de resposta do exército nos primeiros días depois da nova da desaparición, debido a ausencia dun mandato do “escalão superior”.

Parece clara a man do estado nese asasinato, como en moitos outros.

Finalmente agradecer aos que desde o primeiro momento sentiron a falta de Bruno e Dom, que son os indíxenas da UNIVAJA que desde o primeiro día estiveron nos igarapés, furos, lagos e na mata buscando os seus parceiros. Sen eles non estaríamos cos corpos localizados, foron eles os que encontraron os primeiros obxectos, foron eles os que indicaron por onde a lancha tiña pasado, e foron eles os que non saíron na rolda de prensa oficial.

Esperemos que o Estado estea a altura de respostar e actuar conforme solicitación dos indíxenas, como eles mesmos din na sua nota:

Porque a amazonia non é lugar de aventura, mas de traballo de muitas de nós.

Porque os activistas ambientais poidan realizar o seu traballo.

Porque as diferenzas sexan respeitadas.

Nada vale máis do que unha vida.

Co noso mais profundo pesar

Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO)

Link de información:

www.univaja.info

Deixar unha resposta