III Congreso de Antropoloxía de/desde/en/para Galiza – 2020

Por mor dos acontecementos relacionados coa COVID-19 a AGANTRO viuse na obriga de pospor o III Congreso Agantro, incialmente previsto para abril en Allariz.

Despois de tantos meses sen nos encontrar, e despois de adiar por segunda vez o III Congreso de Antropoloxía de Galiza en Allariz para o ano 2021, a AGANTRO organizu un encontro virtual, para continuar a partillar coñecementos, proxectos e traballos antropolóxicos nestes tempos de incerteza.

O dia 13 de novembro, das 16 ás 18:30 celebrouse a Xornada de Reencontro da Antropoloxía Galega en construción 2020, un encontro que estivo dividido en dúas partes: unha primeira de presentación de novos socios e socias, así como de novos traballos e proxectos, e unha segunda, que foi a asemblea anual da asociación