II Xornadas de Antropoloxía de/desde/en/para Galiza: unha ollada ás transformacións sociais
Data: Febreiro-Marzo 2019 | Lugar: Facultade de Humanidades, Universidade da Coruña (Campus de Esteiro, Ferrol)
Organiza: Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO)
Estas segundas Xornadas, organizáronse coa vontade de converterse nunha cita anual e de plataforma de encontro para as persoas dedicadas á antropoloxía coa esperanza de acrecentar a nosa presenza e visibilidade na sociedade.
Deste xeito, as “II Xornadas de Antropoloxía de/desde/en/para Galiza: unha ollada ás transformacións sociais” procuraron, en primeiro lugar, tecer redes inter e intradisciplinarias e espazos para a conexión, o diálogo e a escoita de diferentes propostas e traballos, tanto desenvolvidos como en proceso, así como a creación de sinerxías e estratexias para fortalecer a antropoloxía na Galiza.
A segunda idea foi a de reflexionar ao redor das transformacións contemporáneas. Polo tanto, foron benvidas as presentacións sobre o papel dos cambios en Galiza a nivel social, cultural, patrimonial ou paisaxístico; as transformacións económicas, laborais e os efectos das crises; as mudanzas propostas dende os feminismos e os estudos da diversidade; as incertezas medioambientais, ecolóxicas e os movementos fronteirizos; as transformacións nos movementos sociais e as novas estratexias políticas así como tamén foron benvidas outras propostas que reflexionaran sobre a propia transformación da disciplina antropolóxica no mundo actual.
PROGRAMA
- 09:30-09:50 – Recepción
- 10:00-10:30 – Inauguración
- 10:30-12:00 – Presentacións + Debate
- Prostitución, etnografía e historias de vida (José López Riopedre, UNED)
- Colaboradores necesarios. A violencia institucional machista en Galicia (Iria Vázquez Silva, UVigo)
- Da ocultación á loita pola visibilidade: as estratexias de resistencia das mariscadoras da ría de Arousa (Narciso Oubiña, UNED)
- Um futuro que passou? Costureiras galegas, entre campos, linhas, desemprego e o fim do trabalho (Paula Godinho, UNL, Portugal)
- Colombianas e brasileiras, enmeighadoras de homes. A intromisión colonial nos mercados matrimonial e sexual na Galicia rural (Andrea Souto García, UDC)
- 12:00-12:30 – Pausa-café
- 12:30-14:00 – Presentacións + Debate
- A Galicia conxelada para o consumo turístico. Dende o cine de NO-DO ata a actualidade (Beatriz Busto Miramontes, USC, UAM)
- “Atrapadas” na precariedade: o caso das explotacións agropecuarias familiares en Galicia (Bibiana Martínez Álvarez, UB)
- Lo culto y lo popular: un debate sobre los principios de la ruralidad gallega (José Luis Anta Félez, UJa)
- Paisagem e Turismo: investigação exploratória sobre a Galiza, na rede social “Instagram” (Fernando Rocha da Cruz, UFRGN, Brasil)
- La tecno-antropología aplicada al mundo de la empresa y la innovación (Cristina Nieto, designthinking.gal)
- 14:00-15:30 – Pausa-comida
- 15:30-17:30 – Proxeción do documental As Encrobas. A ceo aberto.
- Debate co director, Xosé Bocixa
- 17:30-18:00 – Clausura
- 18:00-20:00 – Asemblea xeral Agantro