XIV Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía (SIEF)
Data: Abril 2019 | Lugar: Santiago de Compostela
O XIV congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía (SIEF) que tivo como lema Track Changes: Reflecting on a Transforming World, foi orgaizado por Agantro xunto co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit CSIC), a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Universidade Nacional de Educación a Distancia e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (Portugal), celebrado en Santiago de Compostela en abril de 2019 cun grande impacto a nivel nacional e internacional.
Cerca de 900 especialistas de Antropoloxía e disciplinas afíns de máis de 50 países déronse cita neste evento. Abordáronse temáticas de esencial relevancia social, como movemento migratorios e a crise dos refuxiados, cuestións de xénero, procesos de patrimonialización e consumo turístico na sociedade contemporánea, transformacións no mundo rural ou temas ambientais relacionados co cambio climático. En total, realizáronse en torno a 900 presentacións, entre papers, formatos audiovisuais e pósters.
Neste congreso Internacional, a conferencia inaugural correu a cargo de Susana Narotzky, da Universidad de Barcelona, especialista en economía moral, titulada The politics of evidence in an uncertain world: experience, knowledge, social facts and factual truth. O resto de conferencias plenarias foron impartidas por Barbara Kirshenblatt-Gimblett, conservadora xefe del POLIN Museo da historia dos xudeos polacos (Polonia); Regina Bendix, profesora de Etnoloxía europea da Universidade de Göttingen (Alemania); Dorothy Noyes, especialista en antropoloxía da Universidade Estatal de Ohio (Estados Unidos); Coppélie Cocq, profesora de Etnoloxía Europea na Universidade de Helsinki (Finlandia); Sharon Roseman, profesora de Antropoloxía na Memorial University (Canadá); e Tim Ingold, profesor emérito de Antropoloxía Social da Universidad de Aberdeen (Reino Unido).
Tamén organizouse unha sesión plenaria especial adicada integramente á antropoloxía galega na que houbo unha homenaxe a Carmelo Lisón Tolosana. Nesta sesión celebrouse unha mesa de debate modearada por Sharon Roseman, antropóloga da Memorial University de Canadá, que realizou a maior parte do seu traballo de campo en Galicia. Nela participaron Xaquín Rodríguez Campos, da Universidade de Santiago de Compostela; Antonio García-Allut, da Universidade da Coruña, e Xerardo Pereiro, da Universidad de Trás-os-Montes e Alto Douro. O obxectivo proposto foi o de revisar e repensar a situación da antropoloxía en Galicia e analizar as posibilidades futuras desta disciplina ante a súa situación actual de total precariedade.
O impacto deste congreso continuará nos vindeiros anos xa que no próximo congreso de SIEF que se celebrará en Helsinki (2021) entregaranse as conferencias plenarias do congreso de Santiago.
Toda a información sobre o congreso pode consultarse na páxina web www.siefhome.org/congresses/sief2019.