A Foliada como Ben de Interese Cultural (BIC)

As nosas colegas e socias Beatriz Busto Miramontes, Xulia Feixoo, Rafael Quintía e Félix Castro entregaron na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia o «Informe Técnico para a Incoación da Foliada como Ben de Interese Cultural (BIC)» que podedes consultar na seguinte ligazón.

Despois do traballo de meses e de consultas á comunidade da música tradicional está a piques de sair no DOG a que cremos que é un importante paso para a protección e salvagarda do noso patrimonio inmaterial musical dende unha perspectiva antropoloxicamente valiosa.

Esperamos que sexa do voso interese!

Deixar unha resposta