Despois de tantos meses sen nos encontrar, e despois de adiar por segunda vez o III Congreso de Antropoloxía de Galiza en Allariz para o ano que vén, AGANTRO quérevos convidar a un encontro virtual, para continuar a partillar coñecementos, proxectos e traballos antropolóxicos nestes tempos de incerteza.
O dia 13 de novembro, das 16 ás 18:30 horas celebraremos a Xornada de Reencontro da Antropoloxía Galega en construción 2020, un encontro que estará dividido en dúas partes: unha primeira de presentación de novos socios e socias e breve introdución aos seus traballos e proxectos (1h. aprox), e unha segunda, que será a asemblea anual da asociación (1h. aprox).
Por iso pedimos que confirmedes a vosa asistencia e/ou enviedes as vosas propostas para a primeira parte a través do email da asociación (agantro@gmail.com) até o dia 30 de outubro. Debido ao tipo de formato, nesta ocasión as presentacións terán que ser máis breves que en anteriores encontros, en torno aos 5 minutos, darémoslle preferencia á xente nova inscrita na asociación para coñecermos mellor.
Apelamos á vosa participación, que será certificada pola asociación (asistencia e/ou presentación de traballo). Agradecemos a difusión e a participación.
Hai que reencontrarse máis!
Deixa unha resposta