VII Congreso AGANTRO 2024 

E agora? Os futuros da antropoloxía galega


O ano pasado a Asociación Galega de Antropoloxia (AGANTRO) cumpriu 30 anos. Tres décadas non exentas de altibaixos nas que se foi consolidando un pensamento antropolóxico propio, conectado coas correntes e debates externos á vez que sensible ás especificidades do territorio que enmarca as nosas prácticas. Durante este tempo, a antropoloxía galega (esa antropoloxía feita desde, en e para Galicia) tamén reivindicou o seu status profesional, unha loita que pasa polo seu recoñecemento non só académico senón tamén pola súa valorización a nivel profesional.

Foto: Rubén Vuelta-Santín (INCIPIT, CSIC)

Este ano o congreso AGANTRO coincide ademais coa necesidade de renovar a súa xunta directiva. Esta circunstancia pareceunos unha boa escusa para propor un encontro que sirva para pensar achega do futuro –ou, mellor, dos futuros– da antropoloxía galega e da propia asociación. Con esta finalidade deseñamos unha actividade presencial na que haberá espazos para a reflexión colectiva e tamén para presentar traballos de investigación, tanto xa desenvolvidos como en proceso, co obxectivo de tecer redes inter e intradisciplinarias e potenciar eses espazos para a conexión, ou diálogo e a escoita.


Cando?

4 de maio de 2024

Onde?

Sala 8 | Edificio Fontán | Cidade da Cultura de Galicia

Monte Gaiás s/n | Santiago de Compostela 


CHAMADA A COMUNICACIÓNS

Envío de propostas

Serán benvidas pois tanto presentacións que xiren en torno ao tema do encontro como presentacións que mostren os distintos temas e percorridos que teñen desenvolvido xs nosxs socixs.

Para presentar comunicación inscríbete neste formulario: https://forms.gle/Jb3btr5eKyPrPHD69

Achega neste formulario o título da comunicación, nome e apelidos, institución de procedencia e un resumo dun máximo de 300 palabras. Para que sexa un encontro áxil e podamos acoller o maior número de propostas posibles, as comunicacións terán un tempo de exposición máximo de 6 minutos cada unha.

Prazo para presentar comunicación: ata o 22 de abril


Para presentar comunicación ou recibir certificado de participación debes ser ou facerte socia o socio de AGANTRO.

Consulta os pasos para facerte socia ou socio de Agantro na seguinte ligazón: https://agantro.org/asociate

Tamén se pode realizar durante o congreso. O prezo anual de ser socio/a  é:

• Cota reducida (estudantes e parados): 15 Euros. 

• Cota normal: 30 Euros.

• Cota solidaria: máis de 30 Euros.


Para asistir non é necesario presentar comunicación, póster ou audiovisual nin tampouco ser de AGANTRO.

Para asistir inscríbete neste outro formulario: https://forms.gle/hcvhpciKyYujCaf28

Prazo para inscribirte: ata o 29 de abril


Colabora: