Este sábado día 5 de decembro de 2020 foron clausurados pola presidenta da AGANTRO, Cristina Sánchez Carretero, os Seminarios ‘Patrimonio Inmaterial: coñecemento, divulgación e posta en valor‘.
Os Seminarios, que se realizaron coa colaboración do Museo do Pobo Galego e grazas ao apoio da Deputación da Coruña, desenvolvéronse en formato on-line entre o 23 de novembro e o 5 de decembro de 2020, tempo no que se impartiron un total de 10 seminarios formativos por parte de diferentes profesionais que traballan sobre Patrimonio Inmaterial. En xeral, todos os Seminarios gozaron dunha moi boa acollida e espetaron interese incluso entre persoas residentes en Bos Aires.
Coa organización destas xornadas, a AGANTRO quere contribuír a dar a coñecer o noso patrimonio inmaterial e favorecer a súa salvagarda así como facilitar a posta en común de coñecementos e exemplos prácticos de proxectos ao redor da súa investigación e posta en valor.
Deixar unha resposta