CONDICIÓNS XERAIS DE ACCESO E USO DO SITIO WEB WWW.AGANTRO.ORG
O sitio web www.agantro.org é propiedade de Asociación Galega de Antropoloxía (en diante, Agantro), con domicilio para efectos de notificacións en Rúa Santo Domingo de Bonaval, s/n, 15703 Santiago de Compostela, CIF núm. G-15430820, e enderezo de correo electrónico agantro@gmail.com, e a través do mesmo proporciónase información sobre as súas actividades e/ou servizos.
O acceso e uso do sitio web atribúe ao que o realiza a condición de “Persoa usuaria” e implica a aceptación íntegra, expresa e sen reservas das presentes condicións xerais, vixentes no momento do acceso. Se a persoa usuaria non comprendese na súa totalidade as presentes condicións de uso ou non estivese de acordo coas mesmas, deberá
absterse de utilizar e operar a través deste sitio web.
As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web da Agantro por parte das persoas usuarias que accedan e/ou naveguen por www.www.agantro.org.
As presentes condicións xerais expóñense en todas e cada unha das páxinas do sitio web www.agantro.org, para que as persoas usuarias poidan lelas, imprimilas e arquivalas.
PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO.
A utilización do sitio web da Agantro é gratuíta e non require o previo rexistro da persoa usuaria. Naqueles casos que o acceso e/ou uso de determinados servizos e/ou contidos requirisen o rexistro ou subscrición das persoas usuarias, será necesario que estas acepten previamente a correspondente Política de Privacidade e as Condicións Xerais específicas, non sendo posible o acceso aos mesmos sen a esa aceptación.
As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o usuario para realizar un bo uso da web. Fican prohibidos todos os actos que vulneren dereitos ou intereses de terceiros (dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc.), ou a legalidade vixente.
A Agantro prohibe expresamente:
- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo, por calquera medio, calquera tipo de dano aos sistemas da Agantro ou a terceiros.
- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (“spaming”) ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (“mail bombing”). A persoa usuaria comprométese a non utilizar o sitio web, nin os contidos ou información e/ou os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais. A Agantro poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais.
SEGUNDA.- CONTIDOS.
Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos pola Agantro, utilizando fontes internas e externas, de tal modo que a Agantro unicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.
A Agantro resérvase o dereito para modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.
A Agantro non asegura nin se responsabiliza do correcto funcionamento das ligazóns a sitios web de terceiros que figuren en www.agantro.org.
Ademais, a través do sitio web www.agantro.org, poden pórse ao dispor das persoas usuarias, servizos gratuítos e/ou de pagamento ofrecidos por terceiros alleos, os cales se rexerán polas condicións particulares deses servizos. A Agantro non garante en ningún caso a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e fica expresamente exonerado de calquera tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos.
TERCEIRA.- RESPONSABILIDADE.
A Agantro en ningún caso será responsable de:
- Os fallos e incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas de maneira que non se garante que os servizos do sitio web estean constantemente operativos.
- Da produción de calquera tipo de dano que as persoas usuarias ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web.
- Da fiabilidade e veracidade das informacións introducidas por terceiros no sitio web, ben directamente, ben a través de ligazóns ou links. A Agantro resérvase o dereito para suspender o acceso sen previo aviso de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal até o aseguramento da efectiva responsabilidade dos danos que puidesen producirse. A Agantro colaborará e notificará á autoridade competente as incidencias anteriormente indicadas no momento en que teña coñecemento fidedigno de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.
CUARTA.- DEREITOS DE AUTOR
Os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web www.agantro.org están plenamente protexido polos dereitos de autoría, ficando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos, salvo consentimento expreso da Agantro.
A Agantro pode utilizar fontes externas para a elaboración dos seus contidos e establecer ligazóns ou hiperligazóns a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. A persoa ou entidade lexítima titular dos dereitos de autoría das informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación dos referidos contidos.
Os materiais tanto gráficos como escritos enviados polas persoas usuarias a través dos medios que se poñen á súa disposición no sitio web son propiedade da persoa usuaria quen afirma ao envialos a súa lexítima autoría e cede os dereitos de reprodución e distribución á Agantro.
QUINTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE
Estas condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Santiago de Compostela, renunciando expresamente a persoa usuaria a calquera outro foro que puidese corresponderlle.
SEXTA.- MISCELÁNEA.
No caso de que calquera cláusula deste documento fose declarada nula, as demais cláusulas continuarán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma destas condicións. A Agantro poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos, salvo recoñecemento expreso por parte da Agantro.